distancia
Aparencia
Galego
Pronuncia: /dis.ˈtan.θja̯/ ou /dis.ˈtan.sja̯/ (AFI)
distancia
(sg: distancia; pl: distancias)
- Espazo que media entre unha persoa ou cousa e outra.
- Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.
- Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.
- Diferenza destacábel de valor ou rango entre persoas ou cousas.
- Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social que existe.
- Lonxitude que se mide sobre o eixe dunha vía, do percorrido efectivo ou necesario para que un vehículo faga unha manobra determinada ou se cumpran certas condicións.
Termos relacionados
distancia aparente de dous astros, distancia cenital dun astro, distancia de adiantamento, distancia de freada, distancia de salto, distancia de seguridade, distancia de visibilidade, distancia directa, distancia estimada, distancia xenética
